Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO LANZA, CO ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL, UNHA INVITACIÓN PARA GOZAR DESTAS FESTAS EN CEDEIRA

O acendido das iluminación navideña concidiu onte en Cedeira co inicio da campaña de promoción do comercio local, que ata o vindeiro día 5 de xaneiro repartirán entre a súa clientela rifas para o sorteo de 3.300€ en vales de compra. Co acendido das luces de Nadal do Concello e a iluminación branca que tamén os comercios van colocar nos seus escaparates, o goberno local chama á veciñanza da propia vila e tamén á dos municipios próximos a vir a desfrutar das compras e do tempo de lecer na vila. “Invitamos á cidadanía de toda a comarca a vir a Cedeira e gozar dela como dun centro comercial aberto no que van atopar gran variedade de tendas, unha hostalería de calidade e espazos públicos para a convivencia de maiores e pequenos”, destacou o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil.

O Concello de Cedeira estende este ano a iluminación de Nadal a máis rúas e zonas da vila, reducindo o número de horas de acendido para moderar o consumo eléctrico. Ademais de arcos sobre as rúas, teitos de luces e adornos nas farolas, haberá diferentes elementos, como renos, un trineo ou unha árbore de 17 metros de altura que se repartirán por diferentes puntos da vila. O atractivo destes elementos únese ao esforzo que tamén fai o tecido empresarial da vila. Un total de 175 negocios iluminan os seus escaparates e colocan árbores e alfombras vermellas para contribuír a crear maior ambiente navideño.

Diferentes entidades da vila están a organizar festivais e outros eventos para celebrar o Nadal. O primeiro deles terá lugar xa este domingo, 4 de decembro, no Auditorio Municipal. A Asociación Cultural Virxe do Mar celebrará a partir das 19.30h un festival de música coral no que participarán, ademais da propia agrupación, a Coral Lembranzas de Santa Cruz, de Oleiros; a Coral Polifónica de Ortigueira e a Rondalla Club de Campo.