Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ELEFANTE ELEGANTE OFRECE A SÚA VERSIÓN DO AMOR DE ROMEO E XULIETA ESTE SÁBADO NO AUDITORIO

Que tería pasado co amor e a paixón de Romeo e Xulieta se, en lugar de ter o tráxico final que imaxinou para eles Shakespeare, seguiran vivos, casaran e formaran unha familia? A compañía Elefante Elegante dálle unha volta ao clásico na súa montaxe “Dreaming Juliet”, que o vindeiro sábado representarán sobre o escenario do Auditorio Municipal de Cedeira. A obra vai dirixida ao público adulto e representarase ás 20.00 horas.

A peza creada por Gonçalo Guerreiro emprega o teatro do movemento, a música interpretada en directo e a danza para abordar o tema universal do amor e a paixón. Xunto con él, María Torres, Marta Alonso, Nacho Martínez e Miguel Paz forman o elenco desta obra cuxa estrea foi a primeira en Galicia tras o confinamento.

O prezo da entrada para ver “Dreaming Juliet” é de 2,50 euros e, como xa é habitual, hai que reservar as localidades a través do mail enrique.vazquez@cedeira.gal ou enviando un whatsapp ao número 649 876 614 en horario de 09.00 a 14.00h, indicando en calquera caso o nome das persoas que asistirán e un número de contacto. Poden reservarse as entradas ata o mesmo día da función se non se esgotan antes.