CEDEIRA VÉN DE GARANTIR A SÚA PARTICIPACIÓN NO CAMPIONATO EUROPEO
DE BÁDMINTON COAS MEDALLAS DE OURO E BRONCE DO NACIONAL

Cedeira vén de garantir a súa participación no próximo campionato europeo de bádminton, que terá lugar en Guadalajara no mes de setembro, coas dúas medallas de ouro e unha de bronce que o equipo local acaba de conseguir na competición nacional celebrada hai uns días na localidade de Punta Umbría (Huelva).

Juan Antonio Rodríguez e Santiago Feire subiron ao máis alto do podio na modalidade de doble masculino (categoría D). Foi a mesma clasificación que obtivo a parella formada por Juan Antonio Rodríguez e Dolores López en doble mixto, mentres que Dolores López e Belén Florez quedaron terceiras en doble feminino C1-C2. Estes catro deportistas, xunto a Hilda Martínez (campioa de España) formarán o equipo que representará a Cedeira nesa importante cita do bádminton a nivel europeo. Na actualidade, o equipo local de bádminton está integrado por doce deportistas, dos que tres son mulleres.