Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

CEDEIRA INFORMA

O Concello de Cedeira pon en marcha unha nova vía de comunicación cos veciños e veciñas, “Cedeira Informa”, una ferramenta áxil, rápida e sen custo para recibir información sobre novas, axenda e servizos públicos a través da aplicación WhatsApp.

ALTA E BAIXA NO SERVIZO

Para darse de alta os interesados deberán seguir estes pasos:

  1. Gardar na súa lista de contactos o número 604 024 266 co nome “Cedeira Informa”.
  2. Enviar un whatsapp ao contacto “Cedeira Informa” co texto “Alta información Concello de Cedeira”.

Enviaráselle entón ao usuario unha mensaxe confirmando a súa alta, e a partir dese momento comezará a recibir información sobre novas, actividades, programación cultural e outra información municipal.

Para darse de baixa o usuario deberá enviar un whatsapp ao contacto “Cedeira Informa” co texto “Baixa información”. Dende ese momento, o usuario deixará de recibir información.

DIFUSIÓN DA INFORMACIÓN

A información aos usuarios enviarase de luns a domingo, de 10 h a 20 h. No caso de tratarse dunha información de urxencia, emerxencia ou especial interese, remitirase no momento oportuno.

A información non se comunica mediante a creación dun ou varios grupos de contactos, polo tanto, aqueles que se deran de alta no servizo non coñecerán nin verán a través das comunicacións recibidas información sobre o resto dos usuarios do servizo.

A difusión da información aos usuarios deste servizo faise baixo a titularidade do Concello de Cedeira, que é o propietario do servizo. A través desta canle únicamente se recibirán mensaxes emitidas por parte do Concello.

NORMAS DE USO

Puntualmente, o Concello poderá remitir algunha mensaxe para solicitar a opinión dos usuarios sobre o servizo coa finalidade de melloralo.

O envío de mensaxes inadecuadas ou reiteradas ao contacto do Concello por parte dalgún usuario suporá a súa baixa automática por parte do administrador do servizo.

O usuario compremétese a notificar calquera variación nos datos facilitados, en especial no caso de cambio de número de teléfono móbil, que afecte á recepción das comunicación electrónicas solicitadas.

O envío da mensaxe de alta ao móbil do Concello supón a aceptación das condicións e normas de uso do servizo e de WhatsApp (pode consultar as normas de uso de WhatsApp na seguinte ligazón):

Ir á ligazón de información de uso de WhatsApp

Se estás a ver esta páxina co móbil e queres activar o servizo poñemos á túa disposición a seguinte ligazón: