Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

Vicente del bosque compartiu os seus recordos do seu paso pola vila na XVI gala do deporte de Cedeira

VICENTE DEL BOSQUE COMPARTIU OS SEUS RECORDOS DO SEU PASO POLA VILA NA XVI GALA DO DEPORTE DE CEDEIRA

“Tardou máis de coarenta anos en vir pero aquí ninguén esqueceuse de el”. Con estas verbas por parte do alcalde, Pablo Moreda Gil, arrincou a XVI Gala do Deporte de Cedeira, que contou coa presenza do exseleccionador de fútbol de España (2008-2016), xogador (1968-1984) e adiestrador do Real Madrid (1999-2003), Vicente del Bosque González, en calidade de invitado. Del Bosque formouse como xogador do Real Madrid en estancias estivais que pasou na vila nos anos 1969 e 1970.

O acto deu comezo pasadas as oito da tarde nun pabellón polideportivo atestado de xente e do que foron protagonistas os moitos deportistas que se diron cita na gala, aínda que de maneira máis especial os premiados. Como así foi no caso de Juan Rodríguez, Mellor Deportista cedeirense do Ano nesta primeira edición dun premio que recoñece os éxitos dos deportistas locais fóra de Cedeira. Rodríguez é un xogador de fútbol que, tras pasar polo club da súa localidade, xogou no Racing de Ferrol, Arosa e Somozas e agora acaba de terminar a tempada no Sporting de Xixón, equipo co que debutou en primeira División.

O premio con o que se recoñece ao mellor deportista cederense en equipos locais foi nesta ocasión para o nadador Manuel Riveiro Leonardo, do club de Natación de Cedeira. Riveiro foi campión galego de 100 e 200 metros braza. (fotografía)

Na súa intervención o exseleccionador de fútbol de España, Vicente del Bosque, recordou a súa estancia en Cedeira, á que viñan os xogadores do Real Madrid “para engordar” e polo interese de Santiago Bernabeu de ter xogadores ben alimentados e “hombres de utilidad para el futuro” para engadir, a continuación, que “todos los recordos que tengo de Cedeira son entrañables, me acuerdo de muchos sitios, pero sobre todo de las personas”. Reconoceu que o pobo cambiu moito neste anos, “está precioso y muy bien cuidado” e apuntou que “Cedeira es un sitio que el buen madridista debe recordar siempre”. No momento da despedida, Del Bosque abogou por axudar ás persoas con discapacidade “si queremos tener una sociedad un poco mejor”, un resultado que tamén se pode lograr coa práctica do deporte.

Tamén subiron ao escenario do pavillón para recibir a homenaxe da xente e o reconocemento dos seus clubes e compañeiros os seguintes deportistas:

Remo: Raúl López e Marcos Pernas (Dobre masculino) e Noa Trigo, Claudia Villas e Noemi Martín (eguipo infantil feminino).

Deporte adaptado: Juan Carlos Crespo

Natación: Manuel Riveiro (Masculino) e Elsa López (Feminino)

Atletismo: Raúl Freire (Masculino) e Andrea López (Feminino)

Traitlón: Equipo Benxamín Triatlón (masculino) e Lucía Sánchez (Feminino)

Futbol: Borja Bello

Ciclismo: Raúl Bustabad

Kickboxing: Daniel Georgescu (campión galego junior de Full contact)

Fútbol sala: Óscar Pérez

Mellor Traxectoria Deportiva: Álex Fraguela

Toda unha vida dedicada ao Deporte: Antonia Montero (“Tona”)

Mellor adestrador: Xan Suárez

Mención especial aos deportistas veteráns da vila (Fútbol, Dádminton e Remo)

Mención especial: José Carlos Vivero, ciclista falecido no último ano

Vicente del bosque é este ano o invitado da gala do deporte

VICENTE DEL BOSQUE É ESTE ANO O INVITADO DA GALA DO DEPORTE, QUE SE CELEBRARÁ O PRÓXIMO VENRES NO PAVILLÓN DE CEDEIRA

O exseleccionador nacional de fútbol de España (2008-2016), adestrador (1999-2003) e xogador (1968-1984) do Real Madrid, Vicente del Bosque González, será este ano o invitado na Gala do Deporte que o Concello de Cedeira organiza como recoñecemento aos seus deportistas. A cita será este venres e dará comezo ás oito da tarde.

O pavillón municipal acollerá un acto que, presidido polo alcalde, Pablo Moreda Gil, aportará como principal novidade o nombramento do xogador de fútbol Juan Rodríguez Martínez como mellor deportista cedeirense do ano. Esta distinción é unha iniciativa dos clubes da localidade para recoñecer os éxitos dos deportistas locais fóra de Cedeira. Na actualidade Rodríguez Martínez é xogador do Sporting de Xixón. Con anterioridade tamén vestiu a camiseta do club cedeirense, do Racing de Ferrol, do Arosa e do Somozas. Ademais é un brillante estudante de Matemáticas.

A este recoñecemento haberá que sumar a elección do mellor deportista cedeirense competindo nos clubes locais. Os finalistas dentro deste apartado son o nadador Manuel Ribeiro, elixido polo Club Natación, e os remeiros Raúl López e Marcos Pernas, do club de Remo e gañadores da anterior edición da gala.

Tamén haberá distincións especiais para outros deportistas locais e intervencións por parte do invitado e dos homenaxeados.

Vicente del Bosque estará na Gala do Deporte de Cedeira

VICENTE DEL BOSQUE ESTARÁ NA GALA DO DEPORTE DE CEDEIRA

Vicente del Bosque, seleccionador nacional de fútbol entre os anos 2008/2016 nos que conquistou un Mundial e unha Eurocopa, será en invitado na Gala do Deporte de Cedeira, que se desenvolverá o venres no pavillón municipal da localidade a partir das oito da tarde.

O acto, que estará presidido polo alcalde da localidade, Pablo Moreda Gil, achegará como principal novidade o nomeamento do xogador de fútbol, Juan Rodríguez Martínez, como o mellor deportista cedeirense do ano. É unha iniciativa dos clubs da localidade para recoñecer os éxitos dos deportistas cedeirenses fóra da localidade. Na actualidade, Juan forma parte do primeiro persoal do Sporting de Xixón, aínda que con anterioridade tamén defendeu a camiseta do Cedeira, Racing, Arousa e Somozas. Ademais, tamén é un brillante estudante xa que cursa a carreira de Matemáticas.

A este recoñecemento haberá que sumar a elección do mellor deportista cedeirense entre os que compiten en clubs locais. Os finalistas neste apartado son o nadador Manuel Ribeiro, que foi elixido polo Club Natación Cedeira, así como os remeiros Raúl López e Marcos Pita, do Club de Remo de Cedeira, que foron os gañadores da pasada edición.

Tamén se entregarán outras distincións especiais a outros deportistas.

Ao final do acto está previsto que Vicente del Bosque pronuncie unhas palabras, así como os premiados.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Vicente del Bosque estará na Gala do Deporte de Cedeira