CARTA DO ALCALDE #SÚMATEDOASANGUE

Estimados veciños e veciñas:

Os hospitais precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os enfermos e diríxome a todos vos para que participedes nesta campaña solidaria. Podes doar sangue se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón de sangue:

A unidado móbil instalarase na parado do bus da Praza de Galicia o xoves día 2 de agosto e o venres día 3 nos seguintes horarios:

  • Xoves 2 de agosto: de 10.00 h a 14.00 h; e de 16.00 h a 21.00 h.
  • Venres 3 de agosto: de 16.00 h a 21.00 h.

Non acudas sen almorzar e despois do xantar espera 2 horas. Non esquezas traer o DNI, e informa ao médico da unidade móbil se estas a tomar algún medicamento.

Máis información:
http://ados.sergas.es
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue

Cedeira, acadou unha taxa de 43 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2017, o obxetivo é manter a participación dentro das cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por 1.000 habitantes).

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo cada día unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións e moitas persoas dependen da nosa solidariedade para recuperar a saúde. Grazas pola vosa colaboración.

Descarga o dossier de doazón de sangue verán 2018