Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Campaña de Inverno 2018 – Deputación Provincial da Coruña

CAMPAÑA DE INVERNO 2018

Campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

Datas: do 16/02/2018 ó 19/02/2018

Aberto prazo de preinscrición no rexistro do concello de Cedeira ata o 16 de xaneiro. As solicitudes están a disposición dos usuarios no rexistro do concello e na oficina do polideportivo. No caso de realizar a preinscrición a través da sede electrónica do concello, cubrirase unha instancia xeral solicitando a inscrición na “Campaña de inverno 2018” e incluíndo o nome do neno/a.

IMPORTANTE: Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas pola Deputación, realizarase un sorteo público ante a Secretaria do concello para adxudicar as mesmas.

DATOS XERAIS

Número de prazas: 4

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 85,00 € (oitenta e cinco euros), facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2018.

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos.

LUGAR: Cabeza de Manzaneda (Ourense)

ALOXAMENTOS: Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda.

DURACIÓN: de venres a luns, entrada o venres pola mañá, e saída o luns despois da comida.

Correo electrónico: gabinete.deportes@dacoruna.gal

Páxina web: www.dicoruna.es/deportes/actividades