Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

As obras de saneamento na Praza de Galicia obrigan a desviar o tráfico rodado

AS OBRAS DE SANEAMENTO NA PRAZA DE GALICIA OBRIGAN A DESVIAR O TRÁFICO RODADO A PARTIR DE HOXE

O inicio hoxe, da segunda fase das obras de saneamento obriga ao Concello de Cedeira a desviar o tráfico pola rúa Puentes de García Rodríguez, avenida da Area, rúa Eduardo Pondal e avenida Zumalacárregui. Os traballos que agora comezan afectan principalmente á zona da Praza de Galicia.

Así, desde a Policía Local infórmase das limitacións de estacionamento que a partir de mañá haberá nas vías afectadas ao tempo que se pide aos condutores que non deixen o coche nos lugares marcados con sinalización circunstancial para non entorpecer a circulación que seguramente vai ser moi complicada durante estes primeiros días.

Pola súa banda, o goberno municipal demanda da veciñanza que teña un pouco de paciencia e a máxima colaboración para que as obras poidan ter a menor incidencia posible no día a día da vila, por tratarse duns traballos moi necesarios e beneficiosos para o conxunto da poboación.

Neste sentido, o alcalde, Pablo Moreda Gil, recordou que o investimento está por enriba dos 700.000 euros e que o seu resultado vai contribuír a mellorar moi notablemente o funcionamento da rede de saneamento e pola tanto tamén ao benestar e calidade de vida dos veciños.