Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Alumnos do colexio A Fraga das Pontes visitan o xacemento do Sarridal

ALUMNOS DO COLEXIO A FRAGA DAS PONTES VISITAN O XACEMENTO DO SARRIDAL

Se o xoves foron alumnos do Nicolás del Río e de Antropoloxía de Cedeira os que coñeceron máis de cerca o xacemento do Sarridal, onte a escavación recibiu a visita dos alumnos de 6ª de Primaria do colexio A Fraga das Pontes.

Os estudantes foron recibidos pola concelleira de Cultura e arqueóloga de profesión, María Xosé Rodríguez Pérez, que explicou as características dun asentamento cuxa construción é anterior á colonización dos romanos.

Os alumnos ponteses tamén aproveitaron a súa estancia na vila de Cedeira para visitar o castelo da Concepción, situado nas inmediacións dun castro que xa se está a comportar como novo e importante reclamo de atención turística da localidade.