ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE MONTAXE ATRACCIÓNS DE FEIRA E POSTOS VENDA EN FESTAS PATRONAIS CEDEIRA 2018

Ata o 31 de xullo esta aberto o prazo para presentar solicitudes para montaxe de postos e atraccións de feira nas Festas Patronais de Cedeira 2018.

As solicitudes deberán recollerse nas oficinas da Policía Local e presentarse debidamente cumprimentadas para poder optar aos postos marcados e limitados no espazo asignado a tal fin. As solicitudes deberán presentarse antes do 31 de xullo para poder instalarse durante as Festas Patronais que este ano irán do 10 ao 17 de agosto.

A Policía Local efectuará un control estrito sobre as autorizacións dando cumprimento á nova Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas que entrou en vigor o pasado 2 de xullo, e que entre outros obriga aos titulares de atraccións de feira a presentar unha declaración responsable, a dispoñer de seguro de responsabilidade civil subscrito cunhas cantidades mínimas, e a designar unha persoa que asuma a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.

Doutra banda, como medidas de precaución que xa se empezaron a adoptar o ano pasado, esixirase a todos os postos, independentemente do seu tamaño, unhas medidas mínimas como cadro eléctrico homologado, ancho de vía mínimo libre de 3 mt., altura mínima de cables eléctricos, prohibición de tendido de cables que atravesen a vía a nivel do chan, etc.

DESCARGA PDF Solicitude Declaración Responsable Postos Feira