Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta edición está adicado á figura de Xela Arias, muller polifacética que amosou o seu bo facer na poesía, na tradución, na edición, no xornalismo …
Ao longo da mañá iremos subindo poemas de Xela Arias na voz de veciñas e veciños da nosa vila no Facebook.
“Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido a vos ver.
Ven que te reto
a ter ver ti a ti desde ti en ti”
Festexemos hoxe a Xela Arias, e todos e cada un do resto dos días do ano as nosas letras.
Na Biblioteca Municipal López Cortón agárdannos estos títulos de Xela Arias.
Aíndas non os liches?