Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Viaqua aposta pola transformación dixital, reforzando a súa atención non presencial para evitar desprazamentos innecesarios aos seus clientes

Viaqua transformou o seu servizo de atención ao cliente reforzando as súas canles virtuais para proporcionar unha atención de calidade aos usuarios, garantindo a seguridade e saúde dos seus empregados e clientes. A ‘nova normalidade’ require unha evolución na atención ao cliente, evitando ao máximo posible os desprazamentos e a sobreutilización de recursos materiais e ambientais.

Estes meses a nosa oficina permaneceu pechada por mor da emerxencia sanitaria polo COVID-19. Grazas ás ferramentas das que xa dispoñiamos, seguimos atendendo aos nosos clientes en todo momento de forma telemática. Esa experiencia permitiunos perfeccionar o noso modelo de atención, baseado nas novas tecnoloxías, a especialización, a rapidez e a accesibilidade.

Así, o persoal que atendía de forma presencial na oficina continuará facéndoo a través do teléfono gratuíto 900 201 230, dispoñible de luns a venres de 8 a 21 horas para consultas ou xestións comerciais, garantindo o trato personalizado. Ademais, a través da área de clientes da páxina web de Viaqua (www.viaqua.gal) os usuarios poden realizar todas as xestións relativas ao seu contrato de auga en calquera momento e desde calquera dispositivo (computador, Tablet ou teléfono móbil). Para mostrar as principais xestións que se poden levar a cabo nesta plataforma, en Viaqua poñemos ao dispor dos usuarios, a través da páxina web e da canle de Youtube , uns vídeos titoriais breves e sinxelos nos que se explica o funcionamento.

Así mesmo, incorporouse un novo servizo de cita previa telefónica a través do cal o cliente pode elixir o día e a hora á que quere recibir unha chamada da empresa para realizar as xestións que necesite. Esta opción pódese solicitar na páxina web de Viaqua ou no teléfono de Atención ao Cliente 900 201 230. No caso de que algunha xestión requira necesariamente a atención presencial, proporcionarase unha cita previa para ser atendido na oficina, priorizando nestes casos ás persoas maiores e aos colectivos vulnerables.