Se se detecta algunha incidencia de calquera índole na vía pública (rúas, obras, parques, xardíns etc.) ou algún tipo de instalación que requira reparacións (alumeado público, fontes, mobiliario etc.), existen varias canles para informar de avarías e facer unha solicitude de reparación. O Concello de Cedeira agradece a colaboración da veciñanza para mellorarmos as nosas infraestruturas e servizos.
AVISO DE AVARÍAS E SOLICITUDE DE REPARACIÓN
Poden comunicarse incidencias a través dunha instancia. Pode presentarse tanto no rexistro físico (na Casa do Concello) ou no rexistro electrónico (na sede electrónica). Debe detallarse a información coa maior precisión posible, indicando o tipo de incidencia e a súa localización, e pode achegarse calquera documentación adicional que se considere de interese.
VER PDF Instancia tipo para comunicación de reparacións
REXISTRO XERAL MUNICIPAL
Casa do Concello, rúa Real 15.
De luns a venres: de 9.00 h a 14.00 h.
981 480 000 (extensión 6).
REXISTRO ELECTRÓNICO