Programa de actividades para festexar o día 8 de marzo
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA FESTEXAR O DÍA 8 DE MARZO
A Asociación Amas de Casa de Cedeira en colaboración co Concello ten preparado un programa de actividades para festexar o día 8 de marzo.
Teremos unha exposición fotográfica sobre Mulleres da Vila que poderemos ver na cafetería do Auditorio, unha mesa redonda o propio día 8 na sala Áncora ás 20:00 h. para falar sobre o pasado, presente e futuro das mulleres en Cedeira, partindo das experiencias propias, unha actuación o sábado no Auditorio Municipal na que a Tropa de Trapo cantarán e contarán sobre mulleres no seu espectáculo “Matrioskas” e por último o sábado 10 haberá unha cea na cafetería do auditorio xestionada pola asociación, onde será elixida a “Muller da Vila”.