Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

PROPOSTAS DE PARTICIPACIÓN

Desde o Concello de Cedeira queremos ampliar os órganos de participación para dar maior voz e presenza aos veciños e ás veciñas na actividade política e municipal.

Por todo isto, vimos de iniciar o proceso de estudo e elaboración dun regulamento de participación cidadá co fin de ampliar os espazos de colaboración e dotar de maior eficacia e transparencia a vida municipal.

O Regulamento de Participación é o mecanismo idóneo para dar forma aos medios e procedementos de información e participación da veciñanza, das entidades e das asociacións na xestión municipal, de conformidade coa lexislación vixente.

Este documento é consecuencia da vontade política de desenvolver unha normativa que regule e dea canles á participación cidadá no Concello de Cedeira.

Proximamente publicaremos o borrador inicial do Regulamento, que estará aberto a propostas e suxestións.

Namentres este primeiro borrador non sexa publicado, todos/as os/as interesados/as en participar poden facelo remitindo as súas achegas a través da seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Caixa de suxestións