Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

O ALCALDE

pablo

O Concello de Cedeira quere ser un concello aberto, próximo ao día a día de todos os veciños e veciñas e tamén moderno e eficaz.

O equipo de goberno de Cedeira traballa con paixón e constancia pola mellora do benestar social da nosa veciñanza e polo progreso social, cultural e económico do noso concello. Estou seguro de que todos queremos o mesmo. Os axentes sociais e económicos, as institucións, a veciñanza… Entre todos podemos seguir construíndo un concello máis solidario, máis emprendedor, máis igualitario e con maior calidade de vida.

Cedeira ten hoxe en día, a pesar do difícil contexto económico que atravesa a nosa sociedade, a posibilidade de crecer e de converterse nunha pequena cidade que faga da conciliación do progreso económico e do benestar social a súa marca de calidade, a súa identidade como concello. Queremos unha Cedeira aberta, habitable e humana, onde as persoas sexan o máis importante.

Polo demais, o equipo de goberno que presido non esquece que a atención e a proximidade para cos cidadáns e a humildade e compromiso no traballo que nos corresponde deben ser os piares da nosa cometido política á fronte do Concello.

Dende aquí mándovos o meu máis cordial saúdo.

Pablo Diego Moreda Gil
Alcalde de Cedeira

Contacta co alcalde
Rúa Real, 15
15350 Cedeira
Teléfono: 981 48 00 00
Fax: 981 48 25 06