Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O GALP LANZA UN PROGRAMA DE IMPULSO Á DIXITALIZACIÓN DO PEQUEÑO COMERCIO, PEIXERÍAS E RESTAURANTES

O Concello de Cedeira anima aos empresarios do pequeno comercio, peixerías e restaurantes da localidade a apuntarse ao programa de formación que pon en marcha o GALP A Mariña Ortegal para procurar a mellora dos seus procesos de venda. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, subliñou que se trata dun programa gratuíto, no que “van a asesorar e a acompañar aos pequenos negocios na incorporación de ferramentas dixitais cuxa necesidade quedou de manifesto nas actuais circunstancias e que son unha fórmula para mellorar a competitividade e o futuro”.

O programa desenvolverase en liña, no mes de maio, e abranguerá tres xornadas de formación e un asesoramento individualizado ao remate. Os cursos van dirixidos ao pequeño comercio, peixerías e restaurantes e abordarán as ferramentas de dixitalización acaídas para mellorar os procesos de venda, o coñecemento de casos de éxito e, por último, as liñas de subvencións existentes que os negocios poden solicitar para implantalas. Ao finalizar, os empresarios terán un servizo de asesoramento personalizado, tamén en liña, durante todo o mes de xuño.

As datas das sesións formativas serán as seguintes:

  • Ferramentas dixitais e exemplos de boas prácticas:
    Restaurantes: 10 de maio (9:00 a 11:00h) e 11 de maio (9:00 a 10:30h)
    Peixarías: 18 de maio (16:00 a 18:00h) e 19 de maio (16:00 a 17:30h)
    Pequeno Comercio: 24 de maio (20:00 a 22:00h) e 25 de maio (20:00 a 21:30h)
  • Formación en liñas de axudas e subvencións para a dixitalización:
    Para os tres sectores: 27 de maio de 20:00 a 22:00 h

As persoas interesadas teñen que cubrir o formulario de inscrición a través deste link: https://docs.google.com/forms/d/1kUDC6Zk9lVVUNJ9utOmVi_1kFxsqtXsVmenMq8wbDB4/viewform

OLYMPUS DIGITAL CAMERA