Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO DENUNCIA CORTES DE TELEFONÍA NO RURAL POLO PROCEDER NO DESPREGAMENTO DA FIBRA ÓPTICA

O Concello de Cedeira denuncia o procedemento que está a seguir a empresa responsable do despregamento da fibra óptica por diferentes núcleos rurais do municipio. Segundo teñen denunciado xa varios veciños, o que están a facer é cortar a conexión de cobre que chega aos fogares, deixándoos sen telefonía fixa en zonas de escasa ou nula cobertura, cando todavía non teñen a fibra instalada. Así, hai casas que levan máis de quince días sen teléfono, con persoas maiores que quedan aisladas e sen poder recibir, por exemplo, a chamada do seu médico.

Desde a Concellería de Medio Rural instouse a todos os veciños e veciñas que estean nesta situación a comunicalo ao Concello, para desde alí facer as oportunas reclamacións á compañía.