Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O CONCELLO DE CEDEIRA SUMARASE O LUNS Á ACCIÓN DE SENSIBILIZACIÓN NO DÍA DA ELA

O Concello de Cedeira adhírese este ano á proposta da Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela) e a Fundación Luzón para sensibilizar á sociedade sobre a ELA e as devastadoras consecuencias o que o seu diagnóstico significa para quen a sofre e para as súas familias. Así, o vindeiro luns, 21 de xuño, Día Mundial da ELA, o consistorio cedeirés vaise iluminar cunha luz verde en apoio e solidariedade coas persoas afectadas.

O Concello de Cedeira quere, ao secundar a iniciativa, poñer de manifesto a necesidade de impulsar a investigación sobre a Esclerosis Lateral Amiotrófica, unha enfermidade que actualmente non ten cura, ao tempo que contribúe a facer visible perante á sociedade a enfermidade.