O Concello anima á veciñanza a denunciar as verteduras ilegais
O CONCELLO ANIMA Á VECIÑANZA A DENUNCIAR AS VERTEDURAS ILEGAIS
A Concellería de Medio Ambiente de Cedeira anima á veciñanza de Cedeira a denunciar as verteduras ilegais, tal e como fixo hai uns días un grupo de veciños de Régoa e Piñeiro, ao tempo que se reitera que “os residuos contaminan de forma notable o medio ambiente e deterioran a imaxe do concello”.
Tamén lémbrase que a lexislación vixente prevé fortes sancións económicas que poden chegar ata os dous mil euros e considérase que “esta actitude incívica ten menos xustificación, se cabe, se temos en conta que Cedeira conta cun punto limpo”.
Trátase dun servizo que abre ao público os mércores pola tarde e os sábados pola mañá. Ademais tamén existe unha recollida porta a porta de voluminosos todos os venres “sen máis que facer cunha chamada telefónica previa”, segundo aclarou o concelleiro Camilo Casal.