Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O boletín “AS7PARROQUIAS” chega ao seu número nove

O BOLETÍN “AS7PARROQUIAS” CHEGA AO SEU NÚMERO NOVE

O número nove do boletín “As7parroquias” de Cedeira xa está nas rúas. Nas súas oito páxinas teñen cabida, nesta ocasión, noticias de moi diferente índole. Hainas relacionadas coa cultura, como as relativas ao acordo coa Axencia Galega de Industrias Culturais, o programa de Entroido e mesmo as escavacións que regresarán ao Campo do Castro coa chegada do bo tempo, pero tamén outras de carácter máis social, entre as que destaca a participación económica do Concello na posta en marcha dun novo transporte adaptado por parte da asociación Sobre Rodas.

O asociacionismo ocupa neste número un lugar moi destacado cunha comparativa das axudas municipais concedidas ás entidades locais nos catro últimos exercicios. Así mesmo, o goberno tamén fai uso desta publicación para darlle información moi detallada á veciñanza sobre os proxectos e obras que se van levar a cabo con cargo ao Plan Unificado de Subvencións da Deputación e á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Outros temas tamén recollidos no boletín “As7parroquias” son a política municipal en materia de medio ambiente, a liquidación da débeda coa banca privada e o cambio do vapor de socio por tecnoloxía led nos farois das rúas da vila e en determinados tramos da iluminación pública na zona rural.

DESCARGA Boletín “AS 7 PARROQUIAS” número nove