NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ENTIDADES E ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO MUNICIPIO DE CEDEIRA
O BOP ven de publicar o anuncio da resolución do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local o día 04 de maio de 2021, pola que se convocan as subvencións destinadas a entidades e asociacións deportivas de ámbito municipal de Cedeira para o ano 2021.
O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades deportivas coa finalidade de fomentar un uso activo e creativo do ocio.
As presentes bases terán como finalidade apoiar e mellorar a práctica deportiva dos clubs e entidades deportivas, subvencionando os programas de actividades deportivas a desenvolver eos investimentos realizados, referidos a proxectos de iniciación deportiva, fomento da práctica e competición deportiva; podendo consistir en programas, eventos ou competicións deportivas concretas ou na actividade ordinaria anual do club ou entidade deportiva solicitante.
O prazo para a presentación das solicitudes comeza o martes 18 de maio e remata o 7 de xuño.
Pódese descarga o texto integro do BOP na seguinte ligazón:
Pódese descargar a documentación para a solicitude da subvención nas seguintes ligazóns: