Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

LECTURA DUN MANIFESTO INSTITUCIONAL E INAUGURACIÓN DO PUNTO LILA, ACTOS DO 8M DO CONCELLO DE CEDEIRA

O Concello de Cedeira conmemorou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto institucional que se celebrou na praza da Reitoral e que contou coa participación de rapaces e rapazas do IES Punta Candieira. Na cita deuse lectura a un manifesto institucional no que se defendeu a igualdade de homes e mulleres en todos os ámbitos e se rexeitaron todas as formas de violencia machista. No acto actuaron o dúo María e Giulia e o Grupo da Escola de Música Vila de Cedeira.

A continuación, os participantes acudirán á Biblioteca Municipal López Cortón para inaugurar o Punto Lila, no que se concentran diferentes lecturas relacionadas coa igualdade entre xéneros, tanto contos para o público infantil como libros para a mocidade ou as persoas adultas.

Para o vindeiro día 11, venres, o Concello ten previsto celebrar neste Punto Lila a presentación do libro Comezar desde cero: Voces de mulleres rescuperando as súas vidas, obra de Tania Merelas. A obra é a culminación da tese doutoral desta educadora social, socia e traballadora de Arabías.

Os actos do 8M rematarán coa gala prevista o sábado, día 12, para a entrega do premio Muller da Vila. Como se informou, é un galardón que concede a Asociación Mulleres da Vila e que recae desta volta, na súa quinta edición, la xunta local da Asociación Española Contra o Cancro. A gala será ás 18.00h no Auditorio Municipal.