Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

II Festa da Merluza

II FESTA DA MERLUZA- PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Nesta semana santa a merluza será a protagonista en Cedeira.

Comezará o 24 e 25 de marzo co Concurso de Tapas de Merluza da Volanta de Cedeira con 16 establecementos que ofrecerán o seu mellor facer nos fogóns e coa colaboración de 9 embarcacións.

Continuará durante a semana con distintos obradoiros de costura de redes, de nós mariñeiros e de sombreiros mariñeiros, así como visitas guiadas pola Cedeira Mariñeira.

A fin de semana do 31 de marzo e 1 de abril serán as xornadas gastronómicas na carpa climatizada que haberá na explanada xunto a Confraría, con sesións vermús a cargo de Blues do País e o sindicato da taberna, e Pablo Balseiro e os Cascarillas. A exposición de volantas e rascos no Museo Mares de Cedeira e a entrega do premio ao local gañador do concurso de tapas completarán a axenda.

E sumándose a tan mariñeiro evento, na Praza do Peixe o sábado 31 a partir das 23:00 h. a asociación Casco Vello de Cedeira invítanos a III Edición do Peixe Rock.