Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornadas de baile tradicional

Este evento terminou

A AGG organiza o vindeiro domingo 3 de decembro, unha nova edición de xornadas de baile tradicional que terán lugar en Cedeira (A Coruña). Nelas contaremos con obradoiros guiados por Olga Kirk, Xisco Feijoó e Sergio Cobos.
Os obradoiros destas xornadas, subvencionadas pola Deputación de A Coruña e que contan coa colaboración do concello de Cedeira e da Asociación Cultural Buxainas, están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile tradicional, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición.
PROGRAMA:
(3 DE DECEMBRO) – Cedeira – A Coruña
11.45 – Apertura
12.00 – Relatorio – Obradoiro I
“ O baile solto en Santa Comba” – Olga Kirk
13.30 – Remate sesión da mañá
16.00 – Relatorio – Obradoiro II
“Formas da música e danza nas jotas antigas do serán” – Xisco Feijoó
17.30 – Descanso
17.45 – Relatorio – Obradoiro III
– Sergio Cobos
DATA: Domingo 3 de decembro
LUGAR: CEIP Nicolás del Río – Cedeira.
INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
* Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o martes 28 de novembro para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, por orde de chegada.