Rutas guiada de sendeirismo- Circular Punta Sarridal/A Meda
-
Data
11 Setembro, 2024
-
Hora
10:00 am
Dificultade baixa/media e 8 quilómetros, cun desnivel acumulado de 900 metros e con algunhas pendentes pronunciadas que requiren dun mínimo de forma física. A ruta comeza no aparcadoiro do Castelo da Concepción ás 10.00h e vai polo Sarridal, pasando pola capela de San Antón ata a punta da Meda, seguindo a xa coñecida como ruta dos Peiraos. O percorrido volve ata o inicio por un dos sendeiros máis espectaculares de Cedeira, pasando pola Cruz do Mudo, as Blancas, o Castro Sarridal e As Sonreiras. Días 24 de xuño, 6, 17 e 29 de xullo, 10 de agosto e 11 de setembro.
inscricións:
📱648 877 780