Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Xornada para o Desenvolvemento do Produto Turístico Santo André de Teixido

Este evento terminou

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol convídate a participar na “Xornada para o Desenvolvemento do Produto Turístico Santo André de Teixido” que organiza hoxe mércores 1 de decembro ás 17:00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Unha xornada na que se presentarán as diferentes iniciativas de valorización que se están levando a cabo no ámbito da rede de camiños de peregrinación ao santuario, así como a súa incidencia no seu futuro desenvolvemento.
Aberta ao público en xeral, está dirixida especialmente a empresas vencelladas ao sector turístico como casas de turismo rural, restaurantes, artesáns e artesás…
E lembra que as prazas, pola limitación de aforo, cubriranse por orde de chegada.