Xeorruta da Praia das Areas Negras
-
Data
1 Xullo, 2022
-
Hora
10:00 am - 2:00 pm
Venres 1 de xullo, 10:00h a 14:00h: Xeorruta da Praia das Areas Negras (Concello de Cedeira). 15 prazas.
A temporada de verán estréase coa ruta habitualmente máis exitosa de todo o calendario, a pesar de ser tamén a máis dificultosa e a que require unha mellor forma física. O esforzo paga a pena, e moito, xa que o descenso a Teixidelo permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta.
Ademais, o seu emprazamento –aos pés dos cantís máis altos da Europa continental- fan desta zona un lugar de paisaxes incribles e cheo de contrastes. Ao longo da ruta tamén poderán ollarse a fervenza ou a falla de Teixidelo, unha estrutura xeolóxica que discorre por un fermoso val de orixe glaciar. Máis info e reservas aquí.