Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Webinar multidisciplinar sobre demencias

Este evento terminou

Formación online dirixida tanto a profesionais do ámbito sociaosanitario como a poboación en xeral, para poder chegar a tod@s e sensibilizar a sociedade sobre as demencias.

Realizarase a semana do 28 de novembro ao 2 de decembro en horario de 12:00 a 13:00h.

Os contidos serán impartidos por distintos profesionais da nosa entidade e trataran a definición e fases das diferentes demencias, os tratamentos non farmacolóxicos, o rol do coidador, a convivencia coa enfermidade e a adaptación do fogar e das actividades da vida diaria. A participación é gratuita con inscrición previa no teléfono 981370692 ou no correo afalferrolterra@afalferrolterra.com