Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Verdeveras Expresións Artísticas presenta: ‘Crónica dunha heterosexual insatisfeita’

Este evento terminou

Sábado 25 de marzo ás 20.30h. no Auditorio Municipal.
Entrada: 2,5 € – Público adulto.
Venda en taquilla o mesmo día desde unha hora antes.
Reserva anticipada desde o martes 21 até o venres 24 de marzo ás 14.00 h no whatsapp 649876614

Sinopse:
Unha muller normal, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada.

Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.

Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para recoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez