Teatro: Esas Cousas Marabillosas
-
Data
11 Marzo, 2023
-
Hora
8:30 pm
Sábado 11 de marzo, ás 20.30h no Auditorio Municipal.
“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man.
Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:
«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.
Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.
É unha peza tenra, emocionante e divertida.
É unha comedia sobre a depresión e o suicidio
É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.
Entrada: 2,5 € – Público adulto
Venda en taquilla o mesmo día desde unha hora antes.
Reserva anticipada desde o martes 7 até o venres 10 de marzo ás 14.00 h no whatsapp 649876614