Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Talia Teatro presenta: Unha inimiga do pobo

Este evento terminou

Sábado 3 de febreiro ás 20.00h. no Auditorio Municipal de Cedeira
Talia Teatro presenta: Unha inimiga do pobo

Entrada: 3,5 € – Público adulto

  • Venda en taquilla o mesmo día desde media hora antes.
  • Reserva anticipada desde o martes 29 até o venres 2 de febreiro ás 14.00 h no whatsapp 649876614

Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa.

SINOPSE

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.