Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Sofía Espiñeira (formato trío: voz/guitarra, cello, percusión)

Este evento terminou

O 9 de xullo ás 20.30 h no Parque Floreal.

Sofía Espiñeira (formato trío: voz/guitarra, cello, percusión) Músicas que saen de dentro, por necesidade. Estilos diversos para un mundo diverso.
Historias cantadas con voz propia. Cun estilo persoal influenciado polas músicas de raíz, Sofía Espiñeira diríxese a un público heteroxéneo cun repertorio variado no que bota man doestilo directo que caracteriza á canción de autora. As temáticas próximas e o xogo constante entre a fronteira do íntimo e do público achegan á compositora a conectar co ouvinte nun sentir común, apelando aos sentimentos que nos moven, ás loitas que nos atravesan e tamén achegándose con humor a situacións do noso cotián.
A través dun novo formato a trío, Sofía Espiñeira preséntase nesta nova tempada acompañada da sonoridade do violoncello e a forza das percusións, cun repertorio que incluirá tamén temas novos do que será o seu próximo traballo.