Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Sarabela Teatro presenta: MADE IN GALIZA de Séchu Sende

Este evento terminou

Sábado 4 de maio ás 20.00h no Auditorio Municipal de Cedeira

SARABELA NO PAÍS DA LINGUA MÁIS DIFÍCIL DO MUNDO

Como quen se deixa roubar o seu tesouro máis prezado, a actitude das galegas e dos galegos respecto á súa lingua non “resistiría” nengunha análise. E será que o galego é a lingua máis difícil do mundo? E será que deberemos constituír unha oficina de palabras perdidas? Palabras perdidas, roubadas… Fronte ao “es que no me sale”, “es que no se me da” “MADE IN GALIZA” é un convite á República Independente da túa língua. Non imos perdela nin en soños porque co galego imos “ao fin do mundo” e quen o proba o sabe!

Entrada: 2,5 € – Público adulto,
Venda en taquilla o mesmo día desde media hora antes,
Reserva anticipada desde o martes 30 de abril até o venres 3 de maio ás 14.00 h no whatsapp 649876614