Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Samain Cedeira 2022

Este evento terminou

VENRES 28 DE OUTUBRO

Carpas no Paseo da Mariña

Ás 17.00 h. comezaremos as nosas actividades

  • Obradoiro de zonchos
    Fame non imos pasar cos nosos rosarios de zonchos ben fiados. Unha entretida e gastronómica actividade!
  • Obradoiro de pintura

20.00 h. Carmen Conde presenta “Quen ten cu ten medo”
Nesta sesión dunha hora, para rapazada a partir de 6 anos, a meiga abrirá as portas da súa casa para impartir un “Cursiño de prevención de medos”, con cinco partes teóricas e cinco partes prácticas.

Na parte teórica, exploraremos cinco seres mitolóxicos da cultura popular galega, a Santa Compaña, o Lobishome, a Meiga Chuchona, o Tardo e o Gatipedro, a través da narración oral. Cinco contos que ofrecerán todas as pistas para enfrontarse despois á parte práctica: cinco xogos para levar a cabo todos aqueles antídotos contra o mal escoitados nas historias.