Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Samain Cedeira 2022

Este evento terminou

SABADO 29 DE OUTUBRO

Carpas no Paseo da Mariña

A partires das 17.00 h entrega e exposición de cabazas.
Achegade as vosas creacións cabaceiras e melonudas para que todas as persoas que por alí pasemos poidamos desfrutar da vosa arte!

  • Obradoiro de tallado de cabazas
    Que non trouxechéchedes os vosos calacús? Non pasa nada, ben podedes tallar a vosa divertida cabaza no noso obradoiro!
  • Obradoiro de maqueado
    Meter o medo e botar a rir, que mellor xeito de facelo que coa nosa cara ben maqueada!
  • Casa do terror
  • Merendola de outono

Bola de azucre e requeixo, dous clásicos da nosa festa que non han faltar!

20.30 h Pasarrúas das pantasmas por todo o casco antigo

Anímate a achegarte ao noso pasarrúas vestido cunha saba, camisón vello, roupa branca… Convertido nunha auténtica ánima…

As pantamas percorrerán o casco antigo da nosa vila cando as luces deixen paso a escuridade máis tenebrosa…