Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Rock ‘n’ Magic

Este evento terminou

Sábado 11 de novembro ás 20.00h. no Auditorio Municipal.
Público familiar, entrada 2,5 €.
Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll.
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequnas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto.
Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.