Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Obra “A trompa non só é cousa de elefantes”

Este evento terminou

Sábado 27 ás 19:00h no Auditorio Municipal.

O CUARTETO DE TROMPAS Catro Cores presenta no Auditorio Municipal de Cedeira a obra “A trompa non só é cousa de elefantes”. Un espectáculo musical e teatral para xs máis pequenxs, onde aprenden e descobren aos poucos a forma e os sons dun instrumento musical: a trompa.
As partes deste instrumento están agochadas no escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.
Finalmente, construirán a trompa e tocarán as cancións e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula a vista e o ouvido, onde a trompa servirá para crear diferentes ambientes e movementos.
Entrada: 2,5 € – Público familiar.

Entradas:
Venda en taquilla o mesmo día desde media hora antes.
Reserva anticipada desde o martes 23 até o venres 26 de xaneiro ás 14.00 h no whatsapp 649 876 614.

Obra incluída dentro da programación da Rede Cultural de Teatros e Auditorios, coa colaboración da AGADIC – Xunta de Galicia.