Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

O Auto do castromil

Este evento terminou

Sábado 7 de outubro ás 20.00h no Auditorio Municipal.

Excéntricas presenta: ‘O auto do Castromil’
Con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.
O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocio González, Victor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

Público familiar – Entrada 2,5 €
Venda en taquilla o mesmo día desde media hora antes.
Reserva anticipada desde o marte 3 até o venres 6 de outubro ás 14.00 h no whatsapp 649876614.