Jazz de Ría
-
Data
20 Agosto, 2023
-
Hora
6:00 pm
O domingo 20 de agosto será a quenda de Cedeira onde, de forma previa ás actuacións musicais, realizarase un roteiro turístico polo Sarridal. Ás 18.00 horas será a andaina, que partirá do Porto de Cedeira ata o Castelo da Concepción, onde ás 19.00 horas terá lugar a actuación cos relatos musicados de ‘Amares’, na que Rilo & Penadique recrean historias de mulleres do mar.
E ás 21.30 horas será o momento de Xosé Miguélez e Jean-Michel Pil no parque de San Isidro. O saxofonista galego Xosé Miguélez presenta un novo proxecto chamado “Contradictio”. Faino en cuarteto xunto co pianista francés Jean-Michel Pilc e os portugueses Carlos Barretto no contrabaixo, e o batería Marcos Cavaleiro.
O festival pretende buscar o equilibrio entre o jazz galego e o jazz estatal, apostando tamén pola colaboración entre artistas e festivais doutros lugares. Ademais, ten como obxectivo converter á comarca de Ferrolterra nun área de referencia dentro do mapa dos festivais de jazz, pero non só a nivel musical, senón tamén como un atractivo turístico.