II Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”
-
Data
26 Novembro, 2023
-
Hora
7:00 pm
O domingo, 26 de novembro ás 19.00h. Facendo as Partixas de Axouxere Teatro
Anos 80. O país desperézase na democracia. Dúas irmás xúntanse, tras vinte anos sen verse, para repartir a herdanza familiar. Ana, a menor e progresista, fuxiu con 17 e estivo desconectada da familia mentres Laura, a maior e conservadora, quedou a coidar dos seus pais ao tempo que sacaba adiante á súa propia familia. Durante este reencontro, lembran o pasado, xurden as pantasmas e os reproches… pero descubrirán que teñen mais cousas en común das que crían. A reconciliación entre ambas, e cada unha consigo mesma, converterase nos alicerces dun esperanzador futuro. Esta obra está especialmente dirixida a quen poida lembrar ou teña referenzas dunha época sen teléfonos móbiles, onde as nenas xogaban con bonecas “Mariquita Pérez”.