Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Espectáculo “Senta que hai Baile!”

Este evento terminou

Hoxe sábado 31 de xullo ás 20.00 h na Praza Roxa, Pesdelán achéganos o seu espectáculo “Senta que hai Baile!”.
Se a túa idea é que por causa da COVID-19 non vas poder volver bailar, estás nun grande erro. Os de Pesdelán argallaron a maneira de bailar cumprindo todas as medidas de seguridade desta nova época que nos toca vivir. Propoñémosche un Senta que hai baile!, espectáculo no que a banda vai interpretar unha selección dos seus mellores temas e as dúas mestras aprenderannos dunha maneira moi sinxela como se bailan.
No repertorio botaremos man de bailes do mundo, centrándonos nos galegos.
En caso de choiva iremos para o auditorio!