Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Elefante Elegante – CUBO

Este evento terminou

2 de abril ás 19.00 h.

Teatro infantil.

“Urxe vivir a propósito, como só os soñadores viven!” C U B O é unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 3 anos. O espectáculo ten orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de confinamento que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar.
C U B O é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual.

SINOPSE
En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados? “Apetece caer pra riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de castelos imaxinarios! Como xogar a un novo xogo… e saltar á primeira paisaxe!”.