De Ruta
-
Data
13 Setembro, 2023
-
Hora
10:00 am
O Concello de Cedeira pon en marcha durante o mes de setembro o programa ”De Ruta” con saídas guiadas a pé polos excepcionais paisaxes do municipio. As saídas que serán os días 1, 6, 8, 13, 15 de setembro, todas de balde e cun límite máximo de 15 participantes.
O programa “De Ruta” comezará o venres 1 de setembro cun percorrido ao Alto de San André. Será 8km dunha dificultade técnica baixa/media, pero con saída desde o mirador dos Carrís ás 10.00 da mañá, e o percorrido irá pola Serra da Capelada e permitirá gozar coas vistas dos cantís de Santo André de Teixido, a Vixía de Herbeira e as rías de Ortigueira e Cedeira. Poderase facer esta ruta tamén o mércores 13 de setembro.
Para os mércores 6 e venres 15 de setembro, farase un percorrido circular no entorno de Punta Candieira, cubrindo unha distancia de 9km que, se estima, levará catro horas. Saída desde o mirador de Punta Candieira ás 10:00h.
O venres 8 de setembro cun percorrido ao faro de Robaleira. Será unha saída de 8km, de dificultade baixa/media e que se realizará nunhas catro horas, con saída desde a oficina de turismo ás 10.00 da mañá. O itinerario será circular, parte del polo sendeiro que vai desde as vellas fábricas de San Isidro ao faro. Unha vez alí o grupo poderá ver a antiga cetaria, a cala Mi Señora e gozar coas vistas da ría de Cedeira. A volta realizarase polo camiño que leva da praia das Cerdeiras ao Barral.
As persoas interesadas teñen que realizar a súa inscrición no Polideportivo Municipal, ou ben chamando ao número 981 482 633 ou enviando un mail a polideportivocedeira@gmail.com.