Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Como se fixo Cinza

Este evento terminou

O xoves 21 de marzo ás 11.30h para os rapaces do IES Punta Candieira no Auditorio Municipal. e ás 19.30 no Auditorio Municipal aberto a todo o público.

‘Cinza’ é a adaptación de Manel Cráneo do ‘long-seller’ ‘A nosa cinza’, de Xavier Alcalá, con máis de 80000 exemplares vendidos. Contaa vida de Xoán, un rapaz criado durante a ditadura franquista, orfo de nai, fillo de médico, de familia galeguista. Durante dez cursos escolares na cidade, con vacacións na aldea, que se vai convertendo nun lugar de moda para o veraneo, vemos a Xoán medrar no duro contexto do seu tempo. Os anos de escola e instituto marcan a transición do neno inocente ao mozo que se ha de enfrontar aos designios da vida para cortar o cordón umbilical coa súa familia.
‘Cinza’ é unha obra universal e intemporal chea de referencias polos temas que a vertebran: a morte, o sexo, a amizade, os excesos da relixión e a dureza dun réxime totalitario. A morte asalta o protagonista desde cativo; o sexo xórdelle como premio inalcanzable; a amizade corre paralela a unha violencia que ensombrece a vida do neno e do adolescente; o fundamentalismo relixioso acosa, abafa os sentimentos; imponse a Formación do Espírito Nacional Católico empeñado en agochar o galego.