Cinema de Historias “Alice Guy, a nai do cinema”
-
Data
5 Novembro, 2022
-
Hora
7:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
O Sábado 5 de novembro ás 19.00h no Auditorio Municipal.
Público infantil.
Entrada libre.
Rede Cultural da Deputación da Coruña
Raquel Queizás presenta: CINEMA de HISTORIAS – ALICE GUY A nai do cinema
Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte. Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla. Teremos ocasión de viaxar no tempo para coñecer a súa vida e ver fragmentos das súas primeiras películas .
Alice Guy é unha muller fascinante inxustamente esquecida. Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…