Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Ciclo Mestre Mateo 2023 “Valentina”

Este evento terminou

Domingo 22 ás 18.00h. continuamos co Ciclo Mestre Mateo 2023. Nesta ocasión proxectamos a película “Valentina”.
SINOPSE:
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min- di a avoa- eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor longametraxe de animación