Ciclo Mestre Mateo 2023 “Unicorn Wars”
-
Data
15 Outubro, 2023
-
Hora
7:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Domingo 15 ás 19.00h. continuamos co Ciclo Mestre Mateo 2023. Nesta ocasión proxectamos a película “Unicorn Wars”
Público adulto – Entrada gratuíta
SINOPSE:
O exército osiño adoutrina a novos recrutas para conducilos á guerra que iniciaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo. Os irmáns Azuliño e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico…estarán os osiños preparados para isto?
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Gañadora: Mellor longametraxe de animación
Finalista: Mellor dirección
Finalista: Mellor dirección de arte
Finalista: Mellor guion
Finalista: Mellor montaxe
Finalista: Mellor son