Cantos de amor
-
Data
5 Decembro, 2021
-
Hora
7:30 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Hoxe 5 de decembro ás 19.30h no Auditorio Municipal.
Cantos de amor é un espectáculo de canción lírica galega sobre poemas inéditos de Xosé Neira Vilas que o autor escribiu expresamente para este traballo nos primeiros meses de 2014. Seis dos máis importantes compositores galegos contemporáneos poñen música ás cancións de Neira Vilas. A chamada música “culta”, é dicir, a música de creación artística rende unha homenaxe neste traballo ao escritor Xosé Neira Vilas. O obxectivo de Cantos de amor é manter a relación clásica da canción galega de concerto co popular a través dos seus poetas máis recoñecidos. A tradición lírica galega quedou perfectamente definida coa numerosa produción musical medieval, onde as cantigas se concibían como pezas poético-musicais, de tal xeito que ambos os dous elementos eran absolutamente indisolubles. Este é o caso de Cantos de amor.