Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Campaña medioambiental “Separa con xeito”

Este evento terminou

No marco dunha nova edición, a campaña medioambiental “Separa con xeito” pasará pola vila de Cedeira o vindeiro domingo 12 de febreiro, coincidindo coa celebración do feirón mensual.
Ao longo da mañá, todas aquelas persoas que se acheguen polo posto informativo recibirán asesoramento e información práctica ou poderán resolver as dúbidas que se lles presenten en canto á correcta separación dos residuos.
Coa iniciativa preténdese concienciar á veciñanza da importancia dunha correcta separación dos refugallos, que permita mellorar as taxas de reciclaxe e impulsar a economía circular.